martes, 11 de marzo de 2014

COMEZOS DA DISTRIBUCIÓN DO LEITE NO NOSO COLEXIO

Imos comezar esta semana coa modalidade de Lácteos na escola do programa Aliménta-T ben.
Despois de concedernos a axuda solicitada para a subministración de leite aos nosos alumnos a través do FOGGA (Consellería do Medio Rural e do Mar) comezamos coa súa distribución no comedor do colexio.
A partir desta semana e ata final de curso proporcionarase leite aos alumnos, subvencionada polo Plan de Leite nas escolas. O leite será repartido no comedor á hora do recreo e da comida a todos aqueles alumnos que a soliciten. 
Pídese ao alumnado e ás súas familias que aproveiten esta axuda e consuman leite na escola.