lunes, 14 de noviembre de 2016

NOVO PROXECTO: "ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III"

    Hoxe saíu publicada a resolución dos proxectos admitidos do Plan Proxecta e foinos concedido un ano máis o Programa Aliméntate ben.

    O noso novo proxecto é:

"ALIMÉNTATE BEN PARA UNHA VIDA SA III"

 Este ano queremos continuar traballando os obxectivos formulados o longo dos cursos anteriores nos nosos proxectos. Volveremos a traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, das conservas e do consumo de produtos do mar ;dentro do Programa Aliménta-T ben da Consellería do Medio Rural e do Mar no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



    O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós. 

  O noso centro participa nas cinco modalidades do programa que son:

  1. Froita na escola.
  2. Lácteos na escola.
  3. Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar).
  4. O sabor da aventura está no mar.
  5. Xermoliño


Froita na escola:



    Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares.
    Poderán ser destinatarios da axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.
  • Educación secundaria obrigatoria.


Lácteos na escola:



    Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos.

Destinatarios
  Serán destinatarios desta axuda o alumnado que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, dos niveis de ensino de educación infantil, primaria e secundaria.


Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar):


  Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma. 
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer.     Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
  As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!  Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!


O sabor da aventura está no mar:


Obxectivos:
  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria
  • Familiarizar ao alumnado con mundo da pesca
  • Transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta
  • Coñecer as diferentes especies

    Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias. Os seus destinatarios son os escolares e os seus mestres/as. 


Xermoliño




    Esta modalidade ter por obxectivo producir un cambio de hábitos alimentarios na poboación infantil.