jueves, 27 de abril de 2017

OS CHEFS SAUDABLES

Dentro da campaña "Traballando por unha mocidade saudable" da Delegación Territorial de Sanidade de Ourense, o centro inscribíuse no concurso "OS CHEFS SAUDABLES", consistente na presentación, en formato vídeo, da elaboración dunha receita saudable. O concurso buscaba concienciar ao alumnado da importancia da alimentación sa. 

Ao longo do mes de abril fomos confeccionando o noso vídeo para o concurso que levaba o menú: "Xantar de cores con moitos sabores".




O noso menú consistíu en tres pratos:

1.- Crema de superverdura 
      (brócoli do noso propio horto).

2.- Pescada á romana con ensalada.

3.- Sobremesa de froitas.






Coa axuda de todo o alumnado e da nosa cociñeira Ana fomos gravando tomas da elaboración dos distintos pratos. Unha vez preparados degustabámolos no noso comedor escolar.

A crema de superverdura estaba preparada con brocolí do noso horto. Os alumnos recolleron, transportaron, cortaron e lavaron o brocolí para a crema. 

O noso pescadero tróuxonos a pescada fresca para poder realizar o noso segundo prato. Recollémola, levámola ao comedor e cortámola para que Ana fritísea. 

De sobremesa os alumnos elaboraron debuxos de animais con froitas. 


Con amorodos e uvas os nenos de infantil fixeron eirugas.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria utilizando uvas e mazas elaboraron unhas fermosas tartarugas.

As rapazas e rapaces de terceiro e cuarto utilizando arandanos e laranxas realizaron uns peixes moi nadarines.

Os alumnos de 5º e 6º con mandarinas, plátano, piña e arandanos prepararon uns leóns.


Aquí vos deixamos o noso vídeo: 
"Xantar de cores con moitos sabores"