lunes, 3 de abril de 2017

DATOS DE CONSUMO DOS PRODUTOS NO 2º TRIMESTRE


Os datos de consumo do 2º trimestre foron os seguintes:

Na seguinte gráfica podemos ver as variedades de froita consumida durante estes tres meses e a súa evolución no consumo por parte do alumnado.


Nas seguintes gráficas podemos ver a evolución de consumo por cada variedade de froita consumida.









As froita preferida polos nosos alumnos neste trimestre foi as fresas cun consumo do 100% dos nenos. Seguidas polo plátano, mandarina e a mazá con casi o 100 % de consumo. Sendo a pera, a laranxa e o Kiwi as froitas menos consumida cun 93% aproximadamente. 
Observando os datos das gráficas podemos ver que ningún día baixa o consumo das froitas de 25 alumnos que a comen, independentemente da variedade proporcionada.

En canto ao consumo de sardiñas neste trimestre podemos dicir que continua sendo bo como podemos ver na seguinte gráfica.


A media de consumo durante todo o trimestre foi aproximadamente dun 97% do alumnado, é dicir, de 27 alumnos de 28, agás un día que baixo a 25 alumnos no consumo (90%).

E por último, podemos ver que o consumo de peixe estabilízase mais o menos entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás algún día como representa esta gráfica do 2º trimestre.



Se observamos as gráficas tendo en conta as variedades de peixe consumido: 


Vemos que o consumo de peixe conxelado estabilízase entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe, agás algún día.


















O consumo de peixe fresco por parte dos nosos alumnos estabilízase tamén entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe fresco. 



O consumo de peixe conxelado rebozado mantense moi alto por parte do noso alumnado.

Como conclusión deste trimestre podemos dicir que:

  • O consumo de froita aumenta por encima de 25 alumnos de 28 que a consomen diariamente.
  • O consumo de sardiñas segue achegándose ao 100 % do alumnado.
  • Mentres no consumo de peixe partiamos dunha media de 16 a 19 alumnos que o comían a principios de curso, pasado o 2º trimestre estamos a movernos nuns datos de consumo de entre 22 e 24 alumnos diarios que comen o peixe.